POBRA> O executivo pobrense vén de informar que aínda continúa aberto o prazo de matrícula da escola de música municipal. Na actualidade hai inscritas 73 persoas e a intención do concello é chegar a 100.
A escola de música da Pobra do Caramiñal leva xa catro anos aberta e cada ano son máis os alumnos que queren formar parte dela. A intención do concello é chegar este ano ós 100 alumnos, polo que os grupos aumentaranse e haberá moitas máis actividades. O alcalde Isaac Maceiras quixo agradecer tanto ó director da escola como os seus mestres o éxito que está alcanzando tanto a escola de música municipal como a banda de música da Pobra do Caramiñal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/novasmatriculaescolamusicamunicipalpobra0810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/novasmatriculaescolamusicamunicipalpobra081014.mp4{/flowplayer}