Rosa Quintana visita as instalacións de Alicrusa

Tralas melloras acometidas ó abeiro dos GALP

POBRA> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou a empresa Alimentos Cruz del Sur, situada no polígono da Tomada. Esta peme forma parte da lista de cincuenta firmas que se beneficiaron das axudas para a mellora da transformación dos produtos do mar, na convocatoria dos GALP.

A empresa Alimentos Cruz del Sur, fundada en 2007 e radicada no polígono da Tomada na Pobra, funciona como plataforma loxística e de distribución de productos conxelados. Dez anos despois da súa posta en servizo, a empresa vén de sufrir unha importante transformación coa optimización dos seus procesos de optimización e sistemas de xestión no tratamento de túnidos. Foi posible grazas á convocatoria dos Galp 2017 das que se beneficiaron outras corenta e nove empresas galegas , cun importe total de máis de oito millóns de euros.

Precisamente, esta nova convocatoria está aínda en proceso polo que os grupos da Acción Local de Pesca están a organizar xornadas nas distintas comarcas para dar a coñecer as experiencias dos profesionais que se beneficiaron destas subvencións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí