O PSOE denuncia os recortes no número de docentes

GALICIA> O PSdeG-PSOE vén de denunciar a supresión dun total de 900 prazas docentes en toda a provincia da Coruña nos últimos catro anos. A través dun estudio pormenorizado no que se detallan os recortes efectuados na plantilla de cada centro educativo da provincia, concello a concello, os socialistas lamentan este recorte brutal de docentes., especialmente máis significativo nas comarcas rurais. No que atinxe á comarca do Barbanza o PSOE cifra en 151 o número de profesores menos dende o 2010. Os socialistas denuncian ademais que durante este tempo duplicouse o número de profesores interinos.