Un incendio calcina por completo unha caravana no cámping de Cabío

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/incendiocaravanacampingcabio0810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/08/incendiocaravanacampingcabio081014.mp4{/flowplayer} POBRA> Todo apunta a un cortocircuito coma causa máis probable da orixe das lapas. Este era o estado no que quedou a caravana instalada no cámping de Cabío, totalmente calcinada. O vehículo, propiedade duns veciños de Santiago, atopábase baleiro no momento no que se orixinou o incendio, polo que non houbo que lamentar danos persoais. Foron os propios campistas que se atopaban preto da caravana incendiada os que deron a voz de alarma, iniciando xa co propio persoal do camping os labores de extinción, que continuaron posteriormente os equipos de emerxencias. Segundo sinalou o propio xerente da instalación, todo apunta a un cortocircuíto coma causa máis que probable do incendio Os materias dos que estaba realizada a caravana, altamente inflamables, así como os obxectos existentes no seu interior, provocaron que as lapas actuaran con moita rapidez e virulencia, afectando tamén a outra caravana e a un bungalow anexos. Segundo sinalou o propio xerente da instalación, nos máis de trinta anos de vida do camping, esta é a primeira vez que se produce un suceso destas características. Ata o lugar do incendio trasladáronse efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro, así como tamén unha patrulla da Garda Civil e da Policía Local.