O concello avala a legalidade do sistema de control por radar

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/polemicamultasradarpobra1103151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/polemicamultasradarpobra110315.mp4{/flowplayer} POBRA> O executivo pobrense ofreceu unha rolda de prensa para dar por zanxada a polémica sobre as multas do radar móbil xestionado por unha empresa privada. O secretario municipal expuxo os termos xurídicos que avalan a total legalidade do sistema e da contratación do servizo. A contratación desta empresa privada para a realización dos controis de velocidade responde ás necesidades de incrementar a seguridade viaria no municipio. Así, o servizo prestando supón un labor de apoio á policía municipal proporcionando elementos de proba das infraccións cometidas. Trátase dun contrato menor que permite adxudicación directa xa que a empresa cobra un trinta por cento do importe da sanción. O alcalde aludiu á actitude incoherente dos grupos da oposición que, por un lado reclaman medidas de seguridade, e por outro critican a súa adopción. Isaac Maceiras indicou tamén que se está a enganar á opinión pública con cifras erróneas xa que o número de multas ascende a algo máis de duascentas. Ademais do control de velocidade, o executivo ten adoptado outras medidas para incrementar a seguridade tanto de vehículos como peóns, como a instalación de cámaras de vixilanciaou a campaña escolar que se vai desenvolver en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Dende o concello envían unha mensaxe tranquilizadora á cidadanía posto que a maioría dos veciños si cumpren coas normas de tráfico e as sancións, que xa foron notificadas na súa totalidade, tan só van dirixidas a aqueles que cometeron imprudencias ó volante.