A flota galega disporá de máis cota de xurelo pero descende a pescada e o lirio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/conselleiramar_acordo_cotas_UE_1612151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/16/conselleiramar_acordo_cotas_UE_161215.mp4{/flowplayer} GALICIA> Satisfacción moderada no goberno autonómico tralo acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas para o reparto de cotas entre a flota comunitaria. A suba do xurelo no Cantábrico Noroeste nun vinte e sete por cento constitúe a mellor nova para Galicia. Destaca tamén o mantemento da raia e do gallo. E a pescada ibérica reducirase finalmente nun vinte e dous por cento, fronte ó sesenta proposto inicialmente pola Comisión Europea. Tras un intenso debate, o Consello de Ministros europeos aprobaba de madrugada o reparto das cotas pesqueiras para 2016. Finalmente, as capturas de pescada ibérica reduciranse nun vinte e dous por cento con respecto ó sesenta por cento proposto inicialmente pola comisión. Algo semellante acontece co lirio que descende un sete por cento fronte ó corenta da proposta de partido. A Conselleira do Mar valorou positivamente o feito de ter reducido estes descensos grazas, en boa parte, ós informes técnicos e socioeconómicos presentados pola administración autonómica. A cara máis positiva deste acordo para a flota galega atopámola no Gran Sol co incremento da pescada en preto dun vinte por cento. O xurelo experimenta unha suba do vinte e sete por cento na VIII C do cantábrico noroeste e do quince na IX A. Baixa, pola contra, a xarda, nun quince por cento. Tras realizar esta valoración moderadamente positiva tendo en conta da base que se partía cunha proposta inicial que non favorecía os intereses da flota galega, Rosa Quintana lembrou que se trata dun reparto provisional. Agora, o goberno central negociará co resto dos países comunitarios o intercambio de cotas para acadar maiores posibilidades de pesca.