Sen planificación non rexurdirá o libre marisqueo

    O GROVE> Hoxe abriu as súas portas na Toxa ACUI, a décimo sétimo foro de Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. Nesta primeira xornada falouse de temas que están ó fío da actualidade nas Rías Baixas; como inflúen os factores naturais na producción das zonas marisqueiras.

    Estudiosos da Acuicultura, estudiantes, mestres, profesionais e representantes de distintas administracións danse cita estes días en ACUI, o Foro de Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. A Toxa volve a ser o escenario escollido para este encontro, coincidindo ca celebración da Festa do Marisco no Concello Meco. Durante estes días falaranse de temas vencellados ó eido mariño, especialmente ó acuícola; momento este no que aproveitamos para coñecer a opinión dos expertos sobre o que está a acontecer no libre marisqueo. Este investigador do CIMA, Alberto de Coo apunta como única posibilidade que exista un equipo multidisciplinar de estudio permanente destes bancos para saber como evolucionan nel as distintas especies; e non agardar a que abra a campaña e levarse o chasco das últimas campañas. E é que, tal e como expuxo na súa charla, os factores naturais estragan ou consomen moitísimo máis marisco que os humanos; un factor que é controlable e planificable. En ACUI aseguran que a importancia da acuicultura en Galicia medrará de forma exponencial ata superar a propia actividade extractiva, tal cal a coñecemos a día de hoxe.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/acui.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/09/foro_acui.mp4{/flowplayer}