Tomas Fajardo: novo presidente da Federación Galega de Confrarías

    PORTO DO SON> O patrón maior de Porto do Son, Tomás Fajardo, foi elixido esta pasada fin de semana coma novo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Fajardo releva no cargo ó expatrón maior de Cambados, Benito González.

    A xunta xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores reuniuse esta pasada fin de semana para elixir os seus novos cargos, entre eles o de presidente, de acordo coa normativa sobre elección dos órganos de goberno desta entidade. O encontro, ó que asistiron 107 representantes dun total de 59 confrarías das 63 existentes en Galicia, saldouse coa vitoria do patrón maior de Porto do Son, Tomás Fajardo. Aínda que non partía, en principio coma un dos favoritos ó cargo, Fajardo obtivo un total de 50 votos. O segundo dos candidatos con máis apoios foi o patrón maior de Aldán, Juan Manuel Gregorio, con 41 e en terceiro lugar quedou o máximo dirixente do pósito de Sada, Andrés García, con tan só trece. Dí asumir o cargo con gran responsabilidade, consciente das dificultadades polas que atravesa o sector, apostando por aumentar a participación neste órgano e darlle unha maior transparencia. Acompañarano nos órganos de goberno Faustina Solloso, patroa maior da confraría do Vicedo, no cargo de vicepresidenta primeira, e José Manuel Rosas, patrón maior da confraría de Bueu, coma vicepresidente segundo. Está previsto que o próximo 23 de outubro teña lugar o acto de toma de posesión. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/tomasfajardonovopresidentefederacionconfrarias1310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/13/tomasfajardonovopresidentefederacionconfrarias131014.mp4{/flowplayer}