O Noia recibirá ó Santiago Futsal nos dezaseisavos de final da Copa do Rei

    NOIA> Mañá martes o Noia Fútbol Sala recibirá no pavillón municipal, ás nove da noite, ó Santiago Futsal de Primera División. O encontro, que se corresponderá cos dezaseisavos de final da Copa do Rei, é a partido único. O equipo santiagués, que ó igual que o resto de equipos de Primeira entra en competición nesta rolda, parte coma claro favorito. Aínda así o equipo local non lle poñerá as cousas fáciles e con ilusión e o apoio dos aleccionados agardará repetir a xesta histórica da tempada pasada na que alcanzaron os oitavos de final ó eliminar ó Marfil Santa Coloma de Primeira División. Para este encontro o técnico local, Moncho Vázquez, conta coa baixa segura de Romario e Marquitos será dúbida ata última hora. O resto do equipo adestra con normalidade tras o partido de liga disputado o pasado sábado. Debido a proximidade xeográfica entre ámbolos dous equipos agárdase unha gran afluencia de público.

    Comments are closed.