Noia Histórica renova o seu convenio co Banco Sabadell

NOIA> A sede da patronal noiesa acollía este mediodía o acto de sinatura do acordo, que beneficiará non só os socios da entidade, senón tamén a empregados e familiares. O presidente de Noia Histórica, Francisco Pérez, e o Director Rexional do Banco Sabadell Gallego, Juan Candamo Fernández, foron os encargados de asinar este convenio de colaboración mediante o cal os asociados da entidade poderán beneficiarse dun conxunto de produtos e servizos financieiros moi ventaxosos. A novidade é que a oferta será tamén extensible a familiares e empregados das empresas asociadas á patronal local. Con anterioridade os representantes  Sabadell Gallego tamén asinaba un convenio de similares características con outra patronal da comarca do Barbanza, neste caso coa Asociación Boirense de Empresarios, poñendo á disposición dos seus asociados un conxunto de produtos e servizos financieiros, personalizados e en condicións preferentes.