O BNG insta ó concello a retirar os cascallos da fábrica de Castiñeiras

    bngribeiraamianto_100.jpgRIBEIRA> Os nacionalistas alertan da existencia de amianto, material  contaminante e perigoso para a saúde.

    O BNG de Ribeira mostrou a súa preocupación perante a situación na que se atopan os cascallos da antiga fábrica de Castiñeiras despois de que se procedese, hai uns días, o seu derrubamento. Os nacionalistas ribeireses alertan da existencia de amianto entre estes restos e instan o executivo local a que realice as pertinentes xestións para a retirada deste material que entraña graves riscos para a saúde.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiraamianto.flv{/flowplayer}

    Dominga Brión e Xosé Luis Groveiro, ámbolos dous edís do BNG na corporación municipal de Ribeira, desprazáronse ata o lugar onde se levantaba a antiga fábrica de conservas de Castiñeiras para colocar distintivos que alertan da existencia de amianto entre os cascallos da edificación. Segundo explicaron unha análise dos restos de uralitas confirmou a presenza deste mineral canceríxeno, prohibido na construción dende hai anos.

    Presentación iniciativa

    Non é a primeira vez que os nacionalistas de Ribeira alertan sobre a situación destas ruínas. Cren que o concello non tomou as medidas necesarias para evitar o saqueo das instalacións tras quedar abandonadas e que agora non se están adoptando as precaucións mínimas de seguridade para protexer ós veciños de Castiñeiras.

    Por tal motivo, a agrupación nacionalista presentou unha iniciativa na que instan ó executivo local de Ribeira a asumir as súas responsabilidades.

    Redacción Barbanza