Unha caldeira de biomasa permitirá o aforro enerxético nos xulgados ribeirenses

    RIBEIRA> A Xunta, a través da consellería de Presidencia que é a responsable do mantemento das infraestruturas xudiciais e dos complexos administrativos, vén de instalar un total de cinco caldeiras de biomasa en varios xulgados de Galicia, entre os que se atopa o de Ribeira. A iniciativa conta cun investimento de preto de 200 mil euros e permitirá un aforro enerxético importante nestas sedes xudiciais. Trátase dunha das actuacións previstas nas Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, ca que o Goberno Galego está a impulsar o emprego dun combustible autóctono, barato e menos contaminante. A través deste plan estase a favorecer o incremento da demanda promovendo instalacións de equipos que, en comparación cos de gasóleo, xeran aforros económicos de ata o 65%.