A Pobra vivirá un entroido esperpéntico inspirado na obra de Valle-Inclán

POBRA> Todo a punto na Pobra para celebrar un entroido esperpéntico. Boa parte da programación estará dedicada a Valle-Inclán cunha festa ambientada nos anos 20 e 30  e a proxección de ‘Los Cuernos de Don Friolera.

A programación de entroido na Pobra arrancará este venres cunha festa infantil en colaboración coas ANPAS na Praza Maior e a discomóbil nocturna para mozos.

O sábado desenvolverase por segundo ano o entroido esperpéntico ambientado nos anos 20 e 30. O Cantón da Leña retrocederá un século cos veciños caracterizados de época que poderán participar nas actividades a desenvolver durante toda a xornada.

Este entroido esperpéntico complementarase coa proxección dunha versión de ‘Los Cuernos de Don Friolera’ e a exposición ‘Vístete de entroido’ con máscaras  e figuríns inspirados na obra de Valle.

O domingo 23 terá lugar a festa infantil con concurso de disfraces inspirada en temática espacial. E o martes, o gran desfile de carrozas percorrerá as rúas da Pobra.

No caso de presentarse máis de sete carrozas, os mil catrocentos euros de gratificación repartiranse entre tódolos participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí