A Pobra incorpórase á rede europea ‘Pasaporte por Escalas’

    POBRA> O presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións do Náutico da Pobra que vén de incorporarse á rede europea de portos deportivos. Este é un exemplo máis da boa saúde da que goza a náutica recreativa galega grazas ó intensa labor de promoción realizada por Portos nas diferentes feiras europeas como a que se vén de desenvolver en Dusseldorf, coa participación dos portos da Pobra e de Muros. Boas novas para a náutica galega que segue a aumentar a súa presenza internacional. O porto deportivo da Pobra vén de incorporarse á rede europea Pasaporte por escalas na que se integran preto de cento vinte náuticos co obxectivo de intercambiar servizos para os seus usuarios. Ademais da incorporación a esta rede da que xa forman parte outros portos da comarca como o de Cabo de Cruz, varios náuticos galegos veñen de figurar na exitosa guía Bloc Marine, publicación de referencia para os afeccionados á Náutica en toda Europa. O peso, cada vez maior, da náutica galega en toda Europa débese en boa parte ó labor promocional desenvolvido por portos de Galicia con presenza en tódalas feiras europeas do sector. Isto unido á aposta pola excelencia que distingue ós portos galegos contribúa a duplicar o número de embarcacións en tránsito na nosa comunidade.