Manuel Ruíz alerta no Senado da diminución progresiva da flota

MADRID> O PP levou ó Senado a diminución das posibilidades de pesca da flota española que está a provocar un importante descenso da actividade. O Grupo Popular insta ó goberno central a adoptar medidas para incentivar a remuda xeracional no sector e evitar a súa progresiva desaparición.

O senador popular Manuel Ruíz interpelou ó Minsitro de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre a actual situación da flota que segue a diminuír ante a constante redución das posibilidade de pesca.

Ademais da rebaixa nas cotas, o senador popular referiuse tamén a outras trabas que enfronta o sector como a entrada en vigor do regulamento de control , dificilmente asumible pola flota artesanal.

Instan ó goberno a adoptar medidas reais para garantir a rendibilidade da actividade no sector pesqueiro, incentivar a remuda xeracional e promover o consumo de peixe a través da rebaixa do IVE.