Máis traballo, con menos recursos e menos persoal

    balancetouris copia.jpgPONTEVEDRA> É o balance realizado polo delegado da Xunta na provincia dos tres primeiros anos de lexislatura.

    {flowplayer}images/salnes/balance_lexislatura_touris.flv{/flowplayer}

    O modelo de administración periférica posto en marcha pola Xunta permitiu un aforro de máis de catro millóns de euros. Así o sinalou o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que fixo balance dos tres primeiros anos de lexislatura. Este aforro conseguiuse ó reducirse un 32 por cento de altos cargos, e ó diminuír os gastos enerxéticos, de alugueiros e vehículos oficiais.

    Cores Tourís destacou que o Rexistro da Delegación recolleu nestes tres anos máis dun millón de entradas e saídas, todas ó día. No caso do propio delegado indicou que realizou unha media de 500 entrevistas anuais con alcaldes e diversos colectivos, amais de diversos actos como visitas a obras e colaboración en conflictos, o que suma preto de 5.000 accións no que vai de lexislatura.

    O delegado repasou o traballo realizado dentro de cada consellería na comarca de Pontevedra. En canto a Sanidade indicou que nestes tres anos se investiron case tres millóns de euros. En Educación o investimento achegouse ós 22 millóns e medio de euros, mentres que en Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a cifra ascende a máis de 70 millóns. Cores Tourís indicou que nestes tempos de crise e xunto cos Concellos, están a priorizar as actuacións. Dentro da consellería de Economía e Industria, Cores Tourís destacou a labor de apoio a empresarios e Pemes, e lembrou que o 80 por cento dos avais outorgados pola Xunta foron concedidos nestes tres anos.

    Redacción Salnés