Ribeira nomeada ‘Cidade da Ciencia e da Innovación’

    RIBEIRA> O distintivo que outorga o Ministerio de Economía recoñeceu a unhas 15 localidades en todo o ámbito nacional. Ribeira e Santiago foron as únicas distinguidas en Galicia. O alcalde, Manuel Ruíz, mostrou a súa satisfacción por este recoñecemento de Ribeira como ‘Cidade da Ciencia e da Innovación’ que parte do Ministerio de Economía e Competitividade. Segundo el a posta en funcionamento dunha plataforma Web-Xis no marco do programa Riveira Atlántica 2015, financiado nun 70% con fondos europeos, co obxectivo de converter á cidade nunha Smart Village, foi un dos principais detonante de que fose merecedora deste recoñecemento. Este recoñecemento suporá un importante avance para o municipio, xa que pasará a formar parte da Rede Innpulso, o que conlevará, entre outras vantaxes, a promoción da localidade en eventos internacionais vinculados co I+D+i . Ribeira xunto con Santiago, son as únicas localidades galegas que resultaron distinguidas con este premio entre as quince en todo o ámbito nacional.