A comunidade educativa da Pobra contará cun servizo de atención psicolóxica

A POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha o programa Espazo nas Escolas. Trátase dun servizo de orientación e intervención psicolóxica a disposición de toda a comunidade educativa, dende o ciclo de infantil ata educación secundaria.

O éxito do programa Espazo nas Escolas animou á concelleira de Servizos Socias a seguir apostando por achegar a psicoloxía á comunidade educativa. Nesta quinta edición será a psicóloga clínica Carmen Hermo, especializada non só na atención infanto-xuvenil senón tamén a formación a profesorado a encargada de impartilo.

As intervencións realizaranse en diversas modalidades tanto de atención individualizada ó alumnos como asesoramento a docentes e familias ou sesións grupais.

Nos últimos anos, o programa rexistrou unha media de entre 30 e 40 intervencións durante o curso, o que dá idea da necesidade de proporcionar un servizo de atención psicolóxica accesible e próximo no ámbito educativo.