BARBANZA> O período de veda do polbo ampliarase durante dous meses. Será de maio a xuño.
Así o acordou na última reunión a comisión de seguimento do plan experimental para a xestión do cefalópodo na que participa, ademais da Administración o propio sector.
Durante o período de veda queda prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, xa sexa en augas interiores ou exteriores.
O tempo de veda será tamén aplicable á pesca e recreo.
De cara a vindeira campaña, a 2025-2026, estase a traballar nun plan máis ambicioso que podería levar consigo catro meses de parada, dous dos cales estarían subvencionados como paro biolóxico.











