Resolución histórica por un despedimento no sector do mar

    RIBEIRA> Unha sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Santiago recoñece a improcedencia do despedimento dun traballador da firma ribeirense Pesquerías Lijó. A sentenza crea un precedente non visto ata o de agora para todos aqueles traballadores que prestan servizos en barcos que faenan en gran altura, ó terse fixado un salario para o cálculo da indemnización por despido no que se ten en conta a retribución á parte ou quiñón, que é pactada polos mariñeiros antes de embarcar cara o Gran Sol. Dende o sindicato apuntan a que a importancia desta decisión do Xulgado do Social é decisiva para rematar dunha vez por todas con eses costumes arraigadas de negarlle ós traballadores a parte previamente pactada, que na maioría dos casos non se fai por escrito, polo que os mariñeiros, chegado o momento da liquidación da mesma, non poden comprobar de ninguna forma se a liquidación que lle realiza o armador é a correcta e coincide cos beneficios das mareas, ou se polo contrario se procedeu a incluirlle tódolos ingresos e deducido tan só os gastos pactados deixando ó traballador nunha situación de impotencia absoluta fronte a este práctica empresarial, de ahí a importancia da mesma. Dende o sindicato aplauden a sentenza que, aínda que é recurrible, agardan a que sexa confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, coma un avance máis na defensa dos dereitos dos traballadores do mar.