O BNG de Outes demanda reformas urxentes na piscina municipal

OUTES> O BNG de Outes demanda que se acometan unha serie de arranxos na piscina municipal. Ademais de corrixir as deficiencias estruturais, demandan a correcta dotación de equipamento e a contratación de persoal suficiente para dar servizo ós usuarios.

Tras anos denunciando a precaria situación na que se atopa a piscina municipal de Outes, o BNG vén de presentar unha moción ó pleno solicitando que se acometan os arranxos das deficiencias estruturais e a axeitada dotación de equipamentos.

Demandan ademais ó goberno local que planifique con anticipación un programa de actividades para proporcionar unha oferta deportiva de calidade ós usuarios.

En canto ó persoal, os nacionalistas consideran necesario contratar máis traballadores tanto para o ximnasio como para a piscinada. Tamén esixen un correcto mantemento das instalacións para evitar o seu deterioro unha vez acometidas as reformas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí