Porto do Son celebra as cuartas Xornadas Micolóxicas este domingo

    PORTODOSON> O vindeiro 16 de novembro terá lugar no centro de interpretación dos Castros de Baroña en Porto do Son, as cuartas xornadas micolóxicas onde terá lugar unha charla e unha saída ó monte con degustación incluída.

    O edil de medioambiente, Antonio Romero, ven de presentar as cuartas xornadas micolóxicas que terán lugar este domingo no centro de interpretación dos Castros de Baroña.. Nestas xornadas haberá dende charlas ata unha saída ó monte para a recollida de cogomelos. Recoméndase ós asistentes que leven roupa de abrigo para a saída ó monte; un chuvasqueiro, unhas botas e unha cesta de mimbre que é imprescindible para a recollida dos cogomelos. Tanto na charla como na saída ó monte daranse as pautas necesarias para apañar os cogomelos e o importante que é ir sempre cun experto. Dende o concello fan un chamamento a todos os veciños para que se animen a participar neste tipo de actividades xa que ademais de apañar os cogomelos poderán degustalos ó remate da xornada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/xornadasmicoloxicasportodoson1111141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/xornadasmicoloxicasportodoson111114.mp4{/flowplayer}