A Lan Party Uxianet 1.4 dará comezo este venres en Ribeira

    RIBEIRA> A casa da Xuventude de Ribeira acollerá esta próxima fin de semana, do venres 14 ó domingo 16, a cuarta edición da lan party Uxíanet 1.4. A iniciativa, organizada pola asociación Birus en colaboración coas áreas de Xuventude e Novas Tecnoloxías, incluirá charlas, demontracións, talleres e mesmo torneos de xogos online. Dende a organización agárdase superar a cifra de participantes de anos anteriores.

    O concello de Ribeira e a asociación Birus veñen de presentar a nova edición da Lan Party Uxianet que terá lugar esta fin de semana na casa da xuventude de Ribeira. Trátase dun fin de semana de 60 horas de ocio ininterrumpidas, onde haberá dende charlas, ata talleres e como novidade a montaxe dunha impresora en 3d. O recinto da Lan Party estará distribuido en dúas zonas, por un lado a parte privada para os participantes que veñen cos seus equipos e por outro unha parte de acceso libre e gratuito para calquera persoa. As actividades que se van a realizar non só se farán diante do ordenador, senón que tamén haberá outras para que os participantes se relacionen entre sí. O prazo de inscrición abreu hoxe no que están dispoñibles 50 prazas; xa que as outras 50 están destinadas a conferenciantes, voluntarios e axentes colaboradores. Os interesados en anotarse poden facelona páxina web uxianet.eu. Os integrantes da asociación Birus xa están buscando unha alternativa para levar a cabo a festa o ano que ven xa que o local deste ano quédalle moi pequeno. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/presentacionlandpartyuxianet1.41111141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/presentacionlandpartyuxianet1.4111114.mp4{/flowplayer}