Cambados pretende abrir a campaña da vieira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/luis_vieira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/mostreos_adianto_campana_vieira.mp4{/flowplayer}

    CAMBADOS> A Confraría de Cambados e a empresa Porto de Cambados veñen de realizar esta mañá unha primeira mostraxe da vieira, para ver se poden abrir a campaña extractiva en breve. Á falta da contraanálise, sector e empresa comercializadora agardan que remita a toxina co fin de poder comezar cando antes a traballar esta especie, e poder así satisfacer a alta demanda que teñen. Os vieireiros de Cambados e a empresa Porto de Cambados veñen de extraer unha primeira mostraxe deste bivalvo para ver se a vieira esta apta para o consumo; o que significaría a apertura temperá da campaña deste producto na Arousa. De poderen comezar a campaña extractiva a primeiros de outubro o sector e a empresa comercializadora Mar de Cambados poderían ser quen de satisfacer toda a demanda crecente existente, tralo éxito das últimas campañas promocionais levadas a cabo nos últimos meses. Serían uns corenta barcos con base en Cambados os que se dedicarían a coller vieira no cerne da Ría de Arousa baixo o mesmo sistema de traballo e comercialización que no anterior exercicio. O Intecmar podería entregar os resultados destas mostraxes esta semana que, no caso de ser positivo, implicaría a necesidade dunha segunda contraanálise; co que, no mellor dos casos, podería ser cuestión dun par de semanas a nova apertura da campaña de vieira.