BARRO> Os deputados provincias do PP, Salomé Peña e Luís Aragunde, achegáronse este mércores, ata o polígono de Barro-Meis onde denunciaron o estado de abandono do mesmo. Os populares esixiron a Deputación unha maior implicación no polígono e menos “postureo”.
Deputados provinciais do PP achegáronse ata o polígono industrial de Barro Meis e dende alí denunciaron, segundo as súas propias palabras, a pasividade, ineficacia e falta de xestión da Deputación de Pontevedra neste espazo industrial.
Salomé Peña afirmou que dende que cambiou o goberno da Deputación de Pontevedra non houbo ningún cambio no mesmo, e non adxudicaron ningunha parcela.
Segundo os populares este polígono é un dos máis estratéxicos de Galicia, debido a súa localización e os seus servizos. Peña lamentou que non se este a falar da posibilidade da súa ampliación, e si de este estado de abandono.
Os deputados populares sinalan que a actual Deputación herdou os “froitos” do traballo do Partido Popular, e invitounos a que busquen novas empresas para este polígono. Na súa comparecencia ante os medios os populares estiveron acompañados do voceiro do PP en Barro, José Manuel Landín, quen tamén se queixou do estado de abandono no que se atopan algunhas parcelas do polígono e a falta de exencións que favorezan a instalación de novas empresas neste polígono industrial.
Inicio CALDAS