O GROVE> Ortiga, Grande Amore e Boyanka Kostova son algúns dos 9 grupos que este martes actuaron no Náutico de San Vicente no Animal Brain. Un concerto solidario para recadar fondos para o refuxio de animais de Cambados. Ao evento asistiron ao redor de 80 persoas.
Ortiga, Boyanka Costova, As fillas de Casandra ou Grande Amore son algúns dos 9 grupos que este martes actuaron no Náutico de San Vicente no Animal Bran. O concerto tivo carácter solidario e a recadación destinouse ao refuxio de animais de Cambados.
Ao concerto acudiron ao redor de 80 persoas pero ademais, dende a organización sinalan que moitas máis realizaron doazóns.
Os artistas celebran a iniciativa e a posibilidade de poder dar un concerto para protexer aos animais.
Dende o refuxio de animais de Cambados agradecen o apoio mostrado e agardan que estes eventos tamén sirvan para concienciar á poboación da importancia de coidar ás mascotas.
O concerto estendeuse por máis de dúas horas de duración para o deleite do público presente. Tanto a organización como o refuxio quedaron contentos co evento e non descartan repetir en vindeiras ocasións.