BOIRO> Boiro recupera a Ruta do Mexillón. A empresa Oceanic Arousa Tours será a encargada de realizar as saídas en barco para dar a coñecer o proceso de produción do bivalvo. As visitas rematarán cunha degustación de mexillón en diversas preparacións no chiringuito O Faro.
O concello de Boiro recupera de cara a este verán unha das súas actividades turísticas máis demandadas. Trátase da ruta do mexillón, suspendida trala covid e que agora volve ofertarse da man de Oceanic Arousa Tour.
As saídas desenvolveranse tódolos días laborables en horario de mañá, cun máximo de 12 participantes. Ó remate, o chiringuito O Faro ofreceralle unha degustación de mexillón da ría no Náutico de Barraña.
Os interesados en reservar praza ou obter máis información sobre a ruta poden facelo a través da oficina de turismo de Boiro, a web www.oceanicarousa.com ou no teléfono 648 45 81 16.











