Centos de veciños rexeitan o novo PXOM no pleno máis tenso de O Grove

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/28/pleno_grove_pxom.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/28/pleno_grove_pxom.mp4{/flowplayer} 

 

O GROVE> Pleno bronco no Grove. A sesión de onte só tiña un punto, pero foi suficiente para convertela nunha das máis tensas que se recordan no concello meco. A ampliación nun mes da exposición pública do polémico PXOM convocou a centenares de veciños dentro e fóra da casa consistorial, que pediron ao goberno un novo plan a berros de “non ao PXOM”.

Con este paseíño atopáronse onte os edís do Grove á hora de abandonar o concello ao remate do pleno. 

Centenares de veciños rexeitaron onte o documento de ordenación urbanística preparado polo concello.

Os viais de nova creación, as rotondas e, sobre todo, os desenvolvementos urbanísticos previstos, son os puntos que máis desencontros provocan entre os veciños e o PXOM. Por iso, a plataforma pide a redacción dun novo documento.

O pleno de onte só contaba cun punto: ampliar nun mes a exposición pública do Plan Xeral. A proposta foi criticada con dureza pola, e é que esta ampliación fora desbotada polo goberno hai un mes.

Os que foron branco dos apupos do público, foron os voceiros dos partidos do goberno e o alcalde. Miguel Pérez asegurou que se estaban atendendo as peticións da plataforma.

Finalmente, a corporación aprobou que o PXOM estea aberto a consultas ata o vindeiro 13 de xaneiro, atendendo á proposta da veciñanza.