O mércores comeza a XLVI Edición da Festa do Albariño

CAMBADOS> En Cambados xa se nota no ambiente a proximidade do Albariño 2018. A multitudinaria cita, que como cada ano, enche a vila de persoas procedentes de toda a xeografía nacional foi presentada hoxe pola alcaldesa, os seus socios de goberno e o presidente do Consello Regulador, en Exposalnés.
Arranca a 66 Edición da Festa do Albariño, na que a vila de Cambados encherase de persoas procedentes de toda España. O tradicional evento comezara o vindeiro mércores 1 e durará ata o domingo 5. Haberá 42 casetas que, finalmente, rematada toda polémica, permanecerán abertas ata pasadas as 3 da mañá, tal e como afirmou a alcaldesa da vila, Fátima Abal.
O Xantar Solidario terá un custe como en edicións anteriores de 45 euros, sendo doados 5 ao Refuxio de Animais da vila do Albariño.
Un ramo e uvas coma este colgará dos establecementos comerciais de Cambados, para ambientar un pouco máis si cabe o municipio. Destacar que este ano haberá de novo unha importante oferta de foodtrucks no Paseo da Calzada, e estase procedendo a colocación dunhas lonas que permitan dar sombra aos presentes.
En canto a programación cultural existe este ano apostase pola música galega e os artistas locais. Ademais elixíronse diferentes espazos para situar concertos e outras actividades, coas que conseguir promocionar o municipio e dalo a coñecer a aqueles que tan só coñecen unha parte de Cambados.