Portos de Galicia realizará na Pobra un simulacro anticontaminación

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/26/presentacionexercicioloitacontaminacionpobra2609141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/26/presentacionexercicioloitacontaminacionpobra260914.mp4{/flowplayer} POBRA> Na actividade, incluída no programa europeo Netmar, participarán drons e equipos non tripulados. Dando continuidade a outros simulacros de loita anticontaminación levados a cabo noutros países europeos, como é o caso de Reino Unido ou Irlanda, dentro do programa europeo Netmar, este próximo mércores desenvolverase no peirao da Pobra do Caramiñal, un novo operativo co fin de avaliar a resposta dos equipos de intervención ante accidentes ambientais. Ese día no simulacro empregaranse diferentes equipos tecnolóxicos como é o caso de varios drons aéreos que permitirán a captación de imaxes da evolución do vertido no mar, ademais de varios robots. No operativo tomarán parte tamén os socios europeos do proxecto Netmar, neste caso institucións e colectivos profesionais británicos, irlandeses e portugueses, entre os que se atopa tamén a propia forza aérea lusa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí