VILAGARCÍA> A oposición de Vilagarcía rexeita a intención de Ravella de trasladar o transformador eléctrico a escola infantil de Vilaxoán. Por outra banda o alcalde insiste aos concelleiros críticos que a instalación cumpriría os requisitos necesarios de seguridade, e recorda que moitos dos edificios municipais teñen unha instalación similar, polo que non revisten ningún risco para a saúde.
O traslado do transformador eléctrico que se atopa ao lado do lavadoiro de Vilaxoán ata as inmediacións da futura Escola Infantil da localidade, non gusta a Esquerda Unida nin o Partido Popular, que rexeitan esta medida. Pola súa banda o alcalde sinalou que non se pode facer política con este tipo de cuestións.
Varela Paz sinalou como será a instalación de este transformador, despois de que acordara con Fenosa o seu traslado e colocación.
O alcalde dirixiuse especialmente ao PP da vila ao sinalar que o transformador é mais perigoso tal e como está agora, e que hai escasamente 3 anos que gobernaron na vila para poder modificalo.









