O vindeiro 19 de decembro terá lugar un Festival Benéfico de Nadal na piscina de Boiro

    BOIRO> O concello de Boiro xunto co English Study Center veñen de presentar o Festival Benéfico de Nadal dos nenos onde toda a recadación irá destinada á asociación AMICOS. O festival terá lugar o vindeiro 19 de decembro as seis da tarde na piscina municipal de Boiro.

    Un ano mais a academia English Study Center organiza un festival solidario que terá lugar nas instalacións da piscina municipal de Boiro. O ano pasado a recaudación, preto de 1.200 euros, foi destinada ás camas articuladas da residencia e este ano destínase a totalidade dela á asociación AMICOS. Trátase dun programa didáctico onde haberá cantos e bailes navideños. O precio da entrada ten un valor de dous euros e ademáis haberá un sorteo especial dunha cesta de productos de AMICOS, dous meses de clase na academia de inglñes, unha cea para dúas persoas e unha tablet. Os protagonistas deste festival benéfico boirense son 200 nenos de entre 4 e 16 anos. O alcalde Xoán Xosé Dieste valora positivamente este tipo de actos xa que é necesaria a aportación de recursos e axudas a este tipo de iniciativas. Trátase dunha xornada navideña e festiva, onde ademais os nenos aprenden un idioma novo e a súa cultura. Dende o concello e dende as asociacións fan un chamamento ós veciños para que se animen a participar neste tipo de actos; e colaboren así con esta asociación dedicada ó coidado e atención das persoas con discapacidade intelectual. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/16/festivalbeneficoamicos1612141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/16/festivalbeneficoamicos161214.mp4{/flowplayer}