Boiro avanza cara a rede de mercados excelentes coa posta en marcha dunha aula gastronómica

BOIRO> O director xeral de Comercio visitou esta mañá a praza de abastos de Boiro onde se vai acondicionar unha aula gastronómica. A creación deste espazo, financiada pola Xunta e o concello, enmárcase no proceso para a incorporación do mercado de Boiro no rede de mercados excelentes de Galicia.

Boiro segue a dar pasos para a súa incorporación na rede de mercados excelentes de Galicia. Nese camiño, un dos proxectos máis importantes será a creación dunha aula gastronómica no espazo anexo á praza de abastos que acollerá diversas actividades de promoción do produto local.

O investimento para o acondicionamento e posta en marcha deste novo espazo ascende a máis de medio millón de euros, financiados entre o concello de Boiro e a Xunta de Galicia.

O obxectivo é que o de Boiro pase a formar parte da rede de mercados excelentes de Galicia a finais de ano.