O BNG do Barbanza organiza un roteiro cultural en Ribeira

    RIBEIRA> O BNG do Barbanza organiza unha andaina este sábado como inicio dos actos de conmemoración do día da Patria Galega. O roteiro partirá dende o centro urbano cara o castro da Cidade e miradoiro da pedra da Rá. Concluirá en San Roque onde Francisco Jorquera relatará as orixes desta data conmemorativa. O roteiro que partirá ás sete e media da tarde da rúa Lustres Rivas ten por obxecto a reivindicación do noso patrimonio cultural e natural ó tempo que marca o punto de partida dos actos de conmemoración do Día da Patria Galega. Esta actividade sumarase ó extenso programa deseñado por Galiza Nova para celebrar esta data con máis de sesenta actos en toda Galicia. No Barbanza haberá charlas e mesas redondas en tódolos concellos e despregarase unha banderola conmemorativa no concello de Ribeira.