BARBANZA> A hostalaría de Barbanza volveu saír á rúa para reclamar un plan de rescate para o sector. Fíxoo a última hora da tarde de onte con concentracións en Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.
Unha das concentracións máis multidudinarias tiña lugar en Rianxo, na praza do Concello. Nela tomaron parte propietarios e traballadores de establecementos hostaleiros de Rianxo e Boiro, así como tamén moitos veciños en xeral que quixeron arroupar a este colectivo, un dos más afectados durante a pandemia. Os hostaleiros volveron reclamar un plan de rescate que axude ó sector a paliar os efectos da crise da covid.
Na Pobra, a concentración realizada tivo tamén un amplo seguimento, incidíndose nas mesmas demandas do sector, dirixidas tanto ás Administracións central e autonómica, como tamén ás Deputacións Provinciais e concellos. Nas dúas concentracións reclamouse tamén o recoñecemento da plataforma que representa a nivel autonómico a uns 3.500 negocios, que está previsto que se constitúa proximamente en Plataforma, para que poida estar presente tamén nas mesas de negociación. A hostalería está convocada a unha nova manifestación que terá lugar o vindeiro día trece de marzo en Santiago.