‘Libramos a batalla e gañamos. Hoxe é un día de ledicia’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/LOUZANFEDERACIONGALEGAFUTBOL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/LOUZAN_PRESIDENTE_FEDERACION_FUTBOL.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> A Federación Galega de Fútbol ten desde onte novo presidente. O pontevedrés Rafael Louzán logrou o apoio de oitenta dos 150 asembleístas fronte ós 65 que deron o seu voto ó aspirante á reelección, José García Liñares. Louzán insiste en que non foi un vitoria doada, bota en cara a campaña ‘sucia’ que realizou o contrincante e resérvase o´falar de plans ata coñecer o estado e toda a documentación da Federación. Ninguén diría que esta maña o presidente da Deputación de Pontevedra acudía á xunta de goberno tras unha madrugada de celebracións. En torno á unha da mañá desvelábase no Hotel Porta do Camiño de Santiago o resultado das votacións que emitiran os asembleístas da Federación Galega de Fútbol. O veredicto: relevo á fronte da entidade. O candidato pontevedrés Rafael Louzán acadaba 80 votos fronte ós 65 do seu rival, o aspirante á reelección José García Liñares. Rematadas as eleccións Louzán fala abertamente sobre o complicado do proceso. Refírese a unha campaña ‘pouco limpa’, e amósase moi crítico co procedemento mesmo das eleccións. Seis horas de duración para a votación e reconto dos votos dos 150 asembleístas. O procedemento electoral será un dos aspectos que Louzán pretende mellorar, pero en canto a outros plans amósase polo momento cauto. Di que primeiro debe ‘coñecer a fondo’ o estado da Federación, xa que ata o momento, alega, non tivo posibilidade de acceder a ‘ningún tipo de documentación’. En canto á posibilidade de seguir compatibilizando un cargo político e a presidencia da Federación a partir das próximas eleccións municipais, Louzán confirma que si, que irá en listas municipais. Sobre a posibilidade de recuncar no cargo de presidente provincial de chegar a ocasión, non se pronuncia.