O cerco escenifica a falla de cota para o bocarte cunha simbólica protesta

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/mobilizacion_cerco_portosin_2108151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/mobilizacion_cerco_portosin_210815.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> Nova mobilización da flota do cerco; desta volta en Portosín, Esixen a apetura da zona Novena A para poder capturar bocarte nas súas costas. Na actualidade teñen que desprazarse máis ó norte de Fisterra e son moitas as embarcacións que non están equipadas para faenar tan lonxe do seu porto base. Así, botando polo chan as capturas do día, a flota galega do cerco protesta en contra da xestión da pesquería do bocarte que mantén pechada a zona novena a do caladoiro. Esta restrición prohibe capturas a especie na costa galega dende Fisterra cara o sur a pesar da abundancia de recurso. As primeiras mobilizacións xa están a dar as seus froitos e contan co compromiso da Xunta de Galicia para mediar ante o Ministerio. O obxectivo é conseguir a cesión de parte da cota andaluza, que conta na actualidade cunha porcentaxe moito máis ampla de capturas. Á espera dunha previsible reunión a tres bandas, entre sector, administración autonómica e central, os mariñeiros non están moi esperanzados. Temen que as trabas burocráticas demoren a apertura do caladoiro arruinando a presente campaña. Na actualidade, a flota do cerco con máis de cento cincuenta embarcacións, atravesa un dos peores momentos das últimas dúas décadas. Á escaseza de cotas de bocarte súmase o plan de rexeneración da sardiña e os recortes noutras especies como a xarda ou o xurelo. Xa advirten que a multitudinaria manifestación de Portosín non será a última e chegarán a onde faga falla, mesmo ós tribunais, para garantir o sustento das preto de dúas mil familias que dependen directamente da actividade.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí