{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/premio_ponte_nova_york.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/12/premio_ponte_nova_york.mp4{/flowplayer}
NOVA YORK> Nova York réndese ao modelo de cidade de Pontevedra. O alcalde recolleu onte o premio que o Centro para o Deseño Activo ven de conceder á capital pontevedresa, nun acto con continuas loubanzas á filosofía da vila. Pontevedra foi posta como exemplo a seguir, pola súa aposta pioneira en aplicar un plantexamento urbano e arquitectónico que axude a mellorar os hábitos dos cidadáns.
De Dubái a Nova York. O modelo de cidade pontevedrés continúa arrasando a nivel internacional. Miguel Anxo Fernández Lores recolleu onte outro premio internacional para a vila, ante continuas loubanzas dos representantes do Centro para o Deseño Activo. Para eles, a cidade do Lérez é un exemplo do que realmente se pode facer.
Fernández Lores confesouse encantado con este novo recoñecemento, e lanzou un discurso dirixido a animar ás cidades a que poñan en marcha proxectos como o pontevedrés.
O modelo de cidade tamén foi defendido polo enxeñeiro municipal. Jesús Gómez Viñas impartiu unha conferencia na Academia de Medicina de Nova York, na que chamou a atención a idea de priorizar os peóns sobre os coches.
Fernández Lores volveu recoñecer o apoio dos pontevedreses nesta transformación, e destacou a proxección internacional do galardón.
Hoxe o alcalde puxo fin á súa axenda na Gran Mazá, cunha xuntanza de traballo con Linda Gibbs, directora de Bloomberg Associates e man dereita do propio Michael Bloomberg, ex alcalde de Nova York.
Comments are closed.