A Policía Nacional de Vilagarcía reclaman urxentemente máis efectivos

    VILAGARCIA> Se normalmente son os policías nacionais os que controlan as manifestacións que realizan outros colectivos hoxe acudimos a un feito insólito en Vilagarcía: a concentración de axentes deste corpo de seguridade Nacional. Fartos de traballar sen o persoal e os medios axeitados saíron a rúa para alertar sobre a situación na que están a traballar na capital arousá e que repercute directamente nas condicións de seguridade de toda a cidadanía.

     

    A comisaría de Policía Nacional de Vilagarcía necesita urxentemente un mínimo de quince efectivos máis para ser quen de cumprir en condicións de seguridade co seu traballo. Esta é a contundente reivindicación ca que se concentraban esta mañá estes axentes ás portas da comisaría vilagarciá. Os sindicatos representativos do Corpo Nacional de Policía, Unión Federal de Policía, Confederación Española de Policía e Sindicato Unificado de Policía xuntaron forzas nunha concentración na que reivindican esta maior dotación de persoal. Esta petición non favorecerá só ó traballo diario dos policías senón á seguridade da cidadanía da contorna, que ultimamente non a daban garantido como se debera.De feito, xa se deron situacións nas que se puxeron os axentes e a propia veciñanza en perigo por esta falla de persoal. Na concentración ás portas da comisaría da capital arousá, na Avenida da Marina, os policías recibiron o apoio de varios colectivos sociais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/policia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/manifestacion_policia_nacional.mp4{/flowplayer}