Rajoy anuncia o 2015 como o ano da recuperación económica

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/31/rajoy.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/31/rajoy_pontevedra.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O presidente do Goberno Central acudiu onte en Pontevedra ó viño de fin de ano que organizaba o PP a nivel provincial. Aquí,Mariano Rajoy prognosticou un aninovo de recuperación da economía de todo o país. O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, non quixo faltar á reunión de confraternidade que organizou onte a tarde o Partido Popular de Pontevedra. O máximo mandatario español non só asistiu ó acto cos seus compañeiros de partido; senón que tivo verbas para o xeral da poboación. Rajoy felicitou o aninovo asegurando que o 2015 ía a ser o ano da recuperación económica de todo o País. Ó estar nun acto de partido, o líder do PP Nacional tivo verbas tamén sobre a propia infraestructura desta organización política. E é que o 2015 é un ano de eleccións municipais; un dato que resaltou tamén o presidente do PP pontevedrés, Rafael Louzán; ante moitos dos que van a ser alcaldables do PP por varios Concellos da provincia. O Partido Popular de Pontevedra pechou este penúltimo día do ano cunha viño de confraternidade, aunando esforzos para a vindeira pugna electoral.