Luís Escurís Batalla retrasa o inicio da súa producción de conserva de mexillón

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/conserveirasafectadastoxina2108141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/conserveirasafectadastoxina210814.mp4{/flowplayer} BARBANZA> A decisión da dirección da empresa foi tomada a consecuencia da presenza da marea vermella que imposibilita polo de agora a retirada do mexillón das bateas. Visitamos a conserveira Luís Escurís Batalla, asentada no polígono industrial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, para coñecer de primeira man como lles está a afectar na súa produción o actual desabastecemento de mexillón no mercado, a consecuencia da marea vermella que impide a súa extracción. Nestes momentos a fábrica debería estar a máximo rendemento, en plena campaña do bivalvo, pero a situación é ben distinta. As máquinas están totalmente paradas e apenas hai presenza de traballadores, só aqueles que desenvolven labores de mantemento. A falla de produto a consecuencia do peche da totalidade de polígonos da zona provocou que a dirección da empresa decidira, coma medida extraordinaria, aprazar o inicio da produción e enviar ós seus empregados de vacacións. Confían en que a situación da toxina mellore nos próximos días, pois temen que, como acontecera xa coa do pasado ano, se poida botar por terra a campaña.