A FGCN doará a entidades sociais bens decomisados en operacións antidroga

VILAGARCÍA> A Fundación Galega Contra o Narcotráfico doará a entidades sociais bens incautados en operacións antidroga que non sexan vendidos durante as poxas públicas.
Vehículos, ordenadores ou outros bens decomisados en operacións antidroga son os obxectos que dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico plantexan doar a entidades sociais. Iso si, é unha proposta que debería contar co respaldo dos xulgados.
Beneficiar a sociedade e reparar en parte de este xeito, tal e como sinalou Alonso “o dano que estes homes e mulleres fixeron a sociedade”.
Sinalar que ao longo do ano pasado celebráronse diferentes poxas de bens decomisados que serviron para evitar a devaluación de estes bens mobles.
Os bens xestionados pola Fundación galega contra o Narcotráfico proceden de xulgados de Vigo, Lugo, A Coruña, Santiago, Betanzos, Cangas, Porriño, Madrid e Cataluña.