Unhas 600 persoas despedirán o ano no restaurante Chicolino

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/31/reportaxefestafindeanochicolino3112141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/31/reportaxefestafindeanochicolino311214.mp4{/flowplayer} BOIRO> Un equipo de Canal Rías Baixas achegouse ata este local para coñecer un pouco máis do menú e da festa que teñen preparado para despedir o ano. O restaurante Chicolino de Boiro, un dos de maior sona na comarca do Barbanza, leva xa varios anos organizando a tradicional cea de noitevella despois de tempo sen realizala. Segundo o seu xerente, Arturo Fajardo, a crise económica que estamos a padecer non vai ser razón suficiente para que deixemos de celebrar tan significativa data e teñamos unha boa entrada no ano 2015. É máis, neste restaurante boirense xa están esgotadas dende hai tempo tódalas reservas para esta noite, dándose ademais a circunstancia de que celebrarán tamén unha voda. Unhas 70 persoas, entre cociñeiros, camareiros, servizo de limpeza ou decoradores xa están a traballar para que esta noite non falte nin o máis mínimo detalle. O menú que teñen preparado para hoxe é do máis variado, cun cóctel de benvida para abrir boca a partir das nove da noite. Como noutras zonas de Galicia, o prezo da cea de hoxe variará en función das propias esixencias do cliente. Aínda así na comarca do Barbanza poderase disfrutar este ano dunha boa cea, incluíndo cotillón e baile entre os 90 e os 150 euros por persoa, segundo o establecemento que se seleccione.