Manuel Vázquez renuncia a recuncar como alcaldable en A Illa

    A ILLA> Manuel Vázquez, o actual alcalde da Illa polo PSdeG, ven de anunciar que renuncia volver a presentarse como alcaldable á Alcaldía deste Concello. Tras dezaseis anos de goberno vaise satisfeito ca súa actuación, especialmente tras ter demostrado a viabilidade deste novo Concello.

    Catro lexislaturas son dabondo; ou alomenos esa é a opinión do actual alcalde de A Illa de Arousa, Manuel Vazquez, que hoxe anunciaba a súa renuncia a volver a presentarse como candidato á alcaldía polo PSdeG neste Concello. Tras vinteseis anos na Alcaldía, desde o 1999, quédase cunha chea de recordos; especialmente co cariño da xente e ca aprendizaxe que supuxo poñer un concello en marcha desde cero. Nesta comparecencia, Vázquez tivo verbas de agradecemento para os veciños que lle deron a súa confianza nestas catro lexislaturas; e tamén para os seus compañeiros de partido na Illa, os primeiros funcionarios que axudaron a levantar o recén creado Concello e para a súa familia, que sufriu as ausencias propias do seu cargo. Atrás deixa moitas actuacións feitas, das que a creación dun Concello solvente é a máis gratificante. Vázquez admite que non foi doado traballar con gobernos doutras cores políticas nas distintas administracións. Porén, presume de ter xestionado a consecución de importantes infraestruturas para este Concello. Economista de formación, agora encara un futuro profesional alleo á primeira liña política; aínda que asegura que vai a seguir militando do PSOE local de xeito activo e non se prantexa outros cargos dentro do PSdeG, polo de agora. Haberá que agardar a primeiros do vindeiro ano para coñecer que é o relevo de Vázquez, o nome da persoa que liderará as listas do PSde G da Illa nos vindeiros comicios electorais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/manel.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/abandono_manuel_vazquez.mp4{/flowplayer}