PORTO DO SON> O Real Club Náutico de Portosín tributoulle esta mañá unha homenaxe ó regatista local Iago López Marra antes da súa marcha a Tokio, onde participará nos Xogos Olímpicos. Serán as súas segundas Olimpíadas, tras Río 2016. Xunto ó seu compañeiro Diego Botín serán os representantes españois na clase 49er.
Emotiva homenaxe a brindada esta mañá no Real Club Náutico de Portosín ó deportista local Iago López Marra. O acto tiña coma principal finalidade recoñecerlle os seus méritos durante estes anos, e desexarlle sorte na súa próxima aventura competitiva, xa que en breve poñerá rumbo a Tokio para disputar os Xogos Olímpicos. Será a súa segunda participación nunhas Olimpíadas, despois de Río 2016. Algo verdadeiramente histórico e o alcance de moi poucos deportistas.
Entre outras autoridades, na recepción de hoxe contouse tamén coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o alcalde, Luís Oujo. Os dous destacaron a traxectoria deportiva de Iago, pero sobre todo o seu perfil máis humano.
Moi emocionado, o deportista agradeceu as mostras de cariño recibidas, máis se cabe ó vir de onde veñen, da que é a súa segunda casa.