As praceiras recuperan a súa actividade coa redución das restrincións do estado de alarma

VILAGARCÍA> As prazas de abastos recuperan case a totalidade da súa actividade coa diminución das restricións do estado de alarma. O concello aumentou o aforo e a seguridade no mercado para evitar os contaxios. Tamén volveron á actividade as florerías, con moitos máis apuros.

As prazas de abastos non cesaron a súa actividade co estado de alarma, aínda que moitas praceiras por seguridade e precaución decidiron non abrir os seus postos. Coa mellora da crise sanitaria e a diminución das restricións derivadas do estado de alarma, as praceiras volveron a recuperar a súa actividade.

As praceiras que están recuperando a súa actividade ven como as vendas se reduciron en case a metade. As que continuaron co seu traballo, ao ser menos postos, mantiveron unhas boas cifras de vendas.

O concello tomou medidas no mercado de abastos como limitar o aforo ou dotar ás vendedoras e clientes de desinfectante. Unhas normas que as praceiras apoian.

Nesta fase un tamén volveron á actividade as florerías e o mercado de flores. O sector tivo unha gran resposta na reapertura pero as vendas baixaron considerablemente.

A recuperación destes sectores dependerá do apoio da veciñanza. As medidas de protección da praza supoñen unha protección para que os clientes poidan volver a mercar produtos frescos e de calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí