A Policía Local de Ribeira xa dispón de vehículos para realizar as patrullas

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/concelloribeirapolemicavehiculospolicialocal1010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/concelloribeirapolemicavehiculospolicialocal101014.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> O executivo ribeirense decidiu alugar un coche patrulla mentres agarda polo remate do proceso de contratación de dous novos automóbiles por renting. O executivo ribeirense recibía esta mañá o vehículo en alugueiro do que disporán os axentes da Policía Local para poder seguir realizando as súas patrullas. Súmase así ó coche itinerante de Tráfico do que dispón a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que tamén prestará servizo na localidade nas próximas semanas. Trátase dunha solución provisional que o equipo de goberno tomou á espera de que remate o proceso de contratación de dous novos automóbiles a través de renting. Dende o equipo de goberno quixeron contestar tamén ós membros do BNG que os acusaban de incompetentes e de falta de previsión por non ter prevista unha partida para a mellora e compra de novos vehículos para a Policía Local. Os edís de Atención Cidadá e de Seguridade, Juan Luís Martínez e Victor Reiriz, respectivamente, tamén quixeron mandar un mensaxe de tranquilidade ós vecinos, negando que as patrullas dos axentes se viran reducidas polas avarías nos vehículos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí