‘Vilaaberta’ cancélase por mor do mal tempo

cancelacionvilaaberta.jpg VILAGARCÍA> Zona Aberta pospón as actividades que se ían realizar este venres 20 de abril para principios de maio.

A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía suspende as actividades programadas para este venres 20 de abril con motivo da campaña ‘Vilaaberta’. A causa: o mal tempo. A iniciativa xurdira a raíz da estrea na cidade do filme ‘Vilamor’. O colectivo tiña pensado manter abertos desde as oito do serán e ata a media noite preto de cen establecementos. Nos escaparates dalgúns deles ían realizarse animacións para chamar a atención dos viandantes, pero tamén se deseñaran espectáculos musicais e de animación, como o concerto dun DJ na Praza da Independencia ou xogos infantís e espectáculos acrobáticos en diferentes espazos do casco urbano.

Ó ser todas elas actividades ó aire libre e ante a previsión de chuvias, Zona Aberta decidíu pospoñer ‘Vilaaberta’ para principios de maio, posto que a última fin de semana de abril a cidade acollerá o Festival do Norte, e non queren que estas dúas ofertas culturais se superpoñan.

Redacción Salnés