O concello de Ribeira estuda reformar a estación de autobuses

    RIBEIRA> O executivo de Ribeira estuda reformar a estación de autobuses. Debido ó retraso da cesión dos terreos portuarios onde estaban proxectados os novos apeadoiros, o concello non descarta construír unha nova terminal no emprazamento da actual estación. A proposta inicial realizada polo concello de Ribeira consistía en habilitar dous apeadoiros nas inmediacións da lonxa cun pequeno inmoble que serviría tamén como estación marítima. Sen embargo, a demora de Portos de Galicia en autorizar a cesión dos terreos levou ó executivo a estudar unha alternativa que consistiría na reforma da actual terminal de autobuses, emprazada á carón da residencia da terceira idade e do centro de saúde. De levarse a cabo esta reforma implicaría o cambio de orientación da actual estación cunha plataforma para o estacionamento de catro autobuses e unha marquesiña. Incluiría tamén un pequeno inmoble para o despacho de billetes que podería albergar unha cafetería. Malia que o alcalde avanzou as posibilidades que ten en mente o goberno, polo momento non precisou se seguirán á espera da cesión dos terreos portuarios ou decantaranse polo novo proxecto. O que si teñen claro dende o executivo é que o tránsito actual de liñas en Ribeira non xustifica a necesidade dunha gran estación polo que barallan estas outras opcións. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/reformaestacionautobusesribeira1601151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/16/reformaestacionautobusesribeira160115.mp4{/flowplayer}