O BNG leva ao Parlamento os asolagamentos de Trabanca Sardiñeira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/bng_vecinos_trabanca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/bng_vecinos_trabanca.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Os veciños de Trabanca Sardiñeira esixen solucións aos asolagamentos que levan anos sufrindo. Segundo denuncian, os seus problemas arrancaron no 2009 coa construción do vial norte. Os traballos conduciron as augas da estrada e as que baixan dende o monte Xiabre cara un mesmo punto, pero á chegada á parroquia deixaron as canalizacións incompletas. Agora, o BNG levará a súa problemática ao Parlamento.

Seis anos levan xa os veciños de Trabanca Sardiñeira loitando para evitar o asolagamento das súas propiedades. 

Teñen moi claro que os seus problemas comezaron coa apertura da Circunvalación norte. Unha mala canalización das augas sería a responsable dos asolagamentos que padecen.

Co tempo, o estanque de 6 metros cadrados e 20 centímetros de alto construído para recoller o volume de auga, resultou ser moi pequeno. E agora son preto de 15 propiedades as que pagan as consecuencias.

Ata o de agora, nin concello nin Xunta puxeron solución ao problema. Por iso esta mañá mantiveron un encontro co BNG.

Segundo Prado, a solución tampouco precisaría de grandes investimentos. Insistiu, ademais, en que os veciños non poden ser vítimas dunha infraestrutura mal feita.

O BNG levará esta problemática ao parlamento galego. Hoxe mesmo, o grupo rexistrou unha iniciativa para esixir solucións para os veciños de Trabanca Sardiñeira.